Compañía de danza integrada por alumado do Colexio O Pelouro en Caldelas de Tui.

Despois dos eventos vividos durante a pandemia, estréase este espectáculo como motor de vida, impulso e coidado das relacións humanas, onde a integración do ser humano teña o seu lugar.

«O Grupo EUDANZA, é un exemplo de integración “vivo”, dinámico, vivencial, de fondo, onde se establece unha cooperación real e unha necesidade de coñecer ao “outro”, establecendo un vínculo no entramado relacional. A Danza coma canle expresivo que propicia as relacións interpsíquicas, ferramenta que canaliza as reaccións no ámbito persoal e sociocultural, xunto á función primordial, remediadora e estimuladora de superación e enriquecemento, levando á persoa ao desenrolo de seu máximo potencial, producindo intensidades e emocións na dimensión relacional».

Dirección: Laura Llauder